O embaixador de Israel visita o Parlamento de Galicia


 

Santiago, 5 de abril de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá, no seu despacho da Cámara, ao embaixador de Israel en España, Daniel Kutner, no marco da visita que o diplomático efectúa á Comunidade Autónoma.
 
O presidente da Cámara convidou ao embaixador a asinar no libro de ouro do Parlamento de Galicia e interesouse pola relación entre os dous países. Tamén participou no encontro o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, Pedro Gómez-Valarés.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas