Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de abril de 2017

 
 
3.2 7054 (10/MOC-000024)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa distribución da renda salarial. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 2374, publicada no BOPG nº 36,
do 28.12.2016, e debatida na sesión plenaria do 21.03.2017)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1.-Impulsar, dende a Xunta de Galicia, un acordo dos empresarios e sindicatos no marco do consello de relacións laborais, que estableza unha senda de crecemento dos salarios reais, sostida no tempo, que permita recuperar o poder adquisitivo perdido na crise.
 
2.- Impulsar, en colaboración coa Inspección de Traballo, actuacións contra as fraudes na contratación, en especial cas vinculadas aos contratos a tempo parcial, un factor determinante da desigualdade e a pobreza laboral.
 
3.-  A Xunta de Galicia incluirá en todas as licitacións nas que sexa posible, cláusulas sociais que garantan o respeto das condiciós salariais impostas polo convenio que resulte de aplicación, recollendo nos pregos, aos efectos previstos no artigo 152 do TRLCSP, que se considerarán desproporcionadas ou anormais aquelas ofertas que impliquen retribucións inferiores ás que resulten de aplicación do convenio colectivo do sector.
4.- Que exerza un maior control sobre os contratos de formación e prácticas para o cumprimento dun dobre obxectivo: que as empresas non os empreguen como un mecanismo exclusivo de redución de custes e se fomente unha inserción laboral máis estable”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas