Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, adoptados na sesión do día 19 de xaneiro de 2017

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 747 (10/PNC-000059)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para afrontar un proceso de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos distintos niveis educativos. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 3 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  á  Xunta  de  Galicia,  a  afrontar  un  proceso  de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos distintos niveis educativos, afrontando a progresiva implantación do sistema de plurilingüismo na Educación Infantil de 3 a 6 anos e a incorporación do inglés nos ciclos de FP.”
 

- 2515 (10/PNC-000265)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 7 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia da implantación da programación e a robótica nos distintos niveis educativos, con especial incidencia en Educación Primaria
BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11  votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstención.
 
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a profundizar na implantación da Programación e a Robótica nos distintos niveis educativos, con especial incidencia na Educación Primaria”.
 
 
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 1941 (10/PNC-000211)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para evitar os riscos que está a ocasionar para a seguridade dos nenos, peóns e vehículos a parada do transporte escolar localizada na DP-2404, en Vilaño, na Laracha
BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a estudar a modificación da actual parada do transporte escolar ao seu paso por Vilaño, A Laracha, na DP-2404, ate un punto da mesma calzada onde se poida garantir maior seguridade das crianzas, vehículos e mesmo peóns."
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas