Acordos acadados na Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 17 de xaneiro de 2017

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
 
Aprobación sen modificacións
 
- 2498 (10/PNC-000257)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Castiñeira Broz, Jaime e 7 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia como complemento do Regulamento da Lei do solo recentemente aprobado como ferramenta ao servizo dos concellos
BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 8 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a redactar as normas técnicas de planeamento que complementen ao regulamento da Lei do solo, recentemente aprobado, como ferramenta ao servizo dos concellos”.
 

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 2388 (10/PNC-000248)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e Fernández Fernández, Raúl
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co deseño dun plan de eliminación, en Galicia, da cortadora ou herba da Pampa
BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Continuar coas medidas iniciadas para o control e erradicación da Cortadeira selloana na Comunidade Autónoma, incluíndo o deseño e inicio dun plan de erradicación e control da planta en Galicia ao longo do ano 2017.
 
2. Dirixirse ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado a deseñar un plan de eliminación da cortadeira das autoestradas de Galicia."
 
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 2191 (10/PNC-000229)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para que a empresa concesionaria das obras de ampliación da AP-9 á entrada de Vigo cumpra co compromiso de instalar as pantallas antirruído necesarias segundo a normativa vixente, así como para que adopte medidas paliativas que minimicen o seu impacto para os veciños e no seu contorno
BOPG n.º 32, do 21.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento e a Autopistas del Atlántico S.A. para que, no marco das obras de ampliación da capacidade da AP-9 que se están a realizar na entrada de Vigo, a concesionaria proceda a cumprir co seu compromiso de instalar pantallas antirruído naqueles puntos onde sexa necesario de acordo á normativa vixente, e adopte medidas paliativas que minimicen o impacto da autoestrada e melloren a compatibilidade desta infraestrutura coa contorna construída e co día a día dos veciños”.
 
Saúdos. Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas