Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 16 de xaneiro de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 16 de xaneiro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 10 de xaneiro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 (doc. núm. 1968, 10/PL-000001)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 03.12.2016
Publicación da corrección de erros, BOPG n.º 34, do 23.12.2016
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 39, do 03.01.2017
 
Punto 2
. Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (doc. núm. 1969, 10/PL-000002)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24, do 03.12.2016
Publicación da corrección de erros, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 40, do 04.01.2017
 
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas