Aberto o prazo de solicitude para 8 bolsas para a formación práctica de titulados universitarios no Parlamento de Galicia

• As bases publicáronse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia de onte e os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados desde hoxe, para presentar as solicitudes

Santiago, 3 de xaneiro de 2017.- Os interesados en optar a algunha das 8 bolsas convocadas polo Parlamento de Galicia para a formación práctica de persoas en posesión dun título de grao ou licenciatura universitaria poden solicitalas desde hoxe, logo da publicación das bases no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia deste luns.
 
A convocatoria, tamén anunciada no Diario Oficial de Galicia, inclúe 3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación; 1 bolsa de formación en comunicación institucional; 2 bolsas de formación en publicacións; 1 bolsa de formación en informática; e 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
 
Trátase da séptima edición dunha iniciativa que ten a súa orixe nun protocolo asinado entre o Parlamento de Galicia e as tres universidades galegas en maio de 2010.
 
Cada una destas bolsas de formación práctica terá una duración de doce meses. As bases da convocatoria poden en consultarse na web do Parlamento de Galicia (http://www.parlamento.gal/sitios/web/contenidogal/informacioninstitucional/Becas.aspx). Os interesados dispoñen dun prazo de quince días naturais, contados a partir de hoxe, para presentar as solicitudes.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas