O novo xeneral xefe da Forza Loxística Operativa visita o Parlamento logo da súa toma de posesión

Santiago, 31 de maio de 2016.- O xeneral de División Francisco Javier Sánchez Fernández, que o pasado 5 de maio tomou posesión como xeneral xefe da Forza Loxística Operativa e representante institucional das Forzas Armadas na Comunidade Autónoma de Galicia, efectuou esta mañá unha visita ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, no marco dunha rolda de presentación a diferentes autoridades e institucións.
 
O presidente do Parlamento felicitou ao xeneral Sánchez Fernández polo seu nomeamento e desexoulle éxito no exercicio das responsabilidade que lle foi encomendada.

Santalices Vieira tamén trasladou ao xeneral Xefe da FLO o seu respecto e admiración polo labor que desenvolven as Forzas Armadas, “sentimento que comparten, estou seguro, a inmensa maioría dos galegos e galegas”.
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas