Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de maio de 2016


 

4.1 46288 (09/PNP-003354)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia do plan de apoio á pesca artesanal anunciado pola Consellería do Mar e dirixido a mellorar a súa competitividade, así como as condicións de traballo dos seus profesionais
Publicación da iniciativa, BOPG nº 598, do 10.02.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver o plan de apoio á pesca artesanal anunciado pola Consellería do Mar e dirixido a mellorar a competitividade deste segmento de frota e as condicións de traballo dos seus profesionais.»
 
 
4.3 49416 (09/PNP-003606)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Goldar Güimil, Jesús Antonio, e seis deputados/as máis
Sobre a execución no ano 2016 dos dous primeiros treitos da autovía do Morrazo, así como o remate nese ano da redacción e aprobación do proxecto do terceiro treito
Publicación da iniciativa, BOPG nº 635, do 20.04.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que no ano 2016 estean en execución os dous primeiros treitos da autovía do Morrazo e que neste mesmo ano sexa rematada a redacción e se aprobe o  proxecto do terceiro treito.»
 
4.7 50176 (09/PNP-003672)
Grupo Parlamentario Mixto
Martínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, Mónica
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coas mensualidades que a empresa Linorsa, adxudicataria de numerosos servizos para a Administración galega, lles debe aos seus traballadores
Publicación da iniciativa, BOPG nº 642, do 11.05.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Solicitar ao administrador concursal de Linorsa o aboamento dos salarios que se lle deben ao persoal da empresa coa maior dilixencia posible de conformidade coa lexislacion vixente.
 
2. Continuar co proceso de revisión e resolución dos contratos que manteñan con Linorsa, cando os trámites legais así o permitan, e proceder a unha nova contratación con urxencia para garantir a continuidade dos postos de traballo das persoas que prestan servizos nos edificios dependentes da Administración galega.
 
3. Dirixirse ao resto das administracións públicas galegas para que actúen do mesmo xeito en relación coa situación da empresa Linorsa.
 
4. Trasladar á representación legal das traballadoras e traballadores as accións que emprenda a Administración en relación cos tres puntos anteriores.»

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 
 

Imaxes relacionadas