Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de maio de 2016

4.5 49433 (09/PNP-003607)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre a defensa pola Xunta de Galicia diante das autoridades estatais e comunitarias da revisión do actual sistema de repartición de cotas pesqueiras e a xestión dos recursos no marco da política agraria común, co fin de resolver a situación xerada pola aplicación do principio de estabilidade relativa
Publicación da iniciativa, BOPG nº 635, do 20.04.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a defender diante das autoridades comunitarias e estatais a revisión do actual sistema de repartición de cotas pesqueiras e xestión dos recursos no marco da Política Pesqueira Común e impulsar un novo mecanismo de xestión para resolver a contradición provocada polo principio de
estabilidade relativa, e que as cotas sobrantes se poidan ceder ou traspasar ás frotas que as precisan.»

4.6 49595 (09/PNP-003618)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ferreiro Vidarte, María de los Ángeles, e tres deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación, diagnóstico e atención sociosanitaria ás demencias e, en concreto, á enfermidade de Alzheimer en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG nº 635, do 20.04.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que:
 
- Realice con urxencia un estudo da situación real das demencias, e en concreto do Alzheimer, en Galicia.
 
- Incentive os esforzos e a coordinación sanitaria e social para que  os diagnósticos se realicen o máis rápido posible.
 
- Propoña un novo modelo de atención sociosanitaria centrado nas  persoas. O actual é asistencialista e prima a propia estrutura. É imprescindible a coordinación entre o sistema sanitario e o sistema  e servizos sociais.»
 
4.8 49773 (09/PNP-003637)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés, e Rodríguez Barreira, María Julia
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación coa construción da autovía A-76, entre Ourense e León
Publicación da iniciativa, BOPG nº 638, do 27.04.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para que continúe impulsando a construción da autovía A-76 entre Ourense e León, manteña o esforzo investidor e siga traballando para facer realidade esta infraestrutura de modo compatible coa protección do medio ambiente e coa declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.»
 
 
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas