Pilar Rojo traslada ao presidente do Congreso da Arxentina o seu pesar polo falecemento de Néstor Kirchner

 
 
Santiago, 28 de outubro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, trasladou ao presidente do Congreso da República Arxentina, Eduardo Fellner, unha mensaxe de condolencia polo falecemento do ex mandatario Néstor Kirchner.
 
Nunha mensaxe remitida ao presidente da Cámara de Deputados da República Arxentina, Pilar Rojo, traslada, en nome propio e no do Parlamento de Galicia, o seu “sinceiro sentimento de pesar” ao tempo que lle prega que traslase esta “solidariedade e afecto” á familia e amigos do ex presidente falecido.
 
“Desde esta terra irmán de Galicia, fágolle chegar, señor presidente, os nosos mellores desexos para a República Arxentina e todos os seus habitantes”, conclúe a mensaxe enviada por Rojo Noguera.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

 

Imaxes relacionadas