Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 27 de abril de 2016

4.3 46289 (09/PNP-003355)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia do novo plan estratéxico deseñado para o sector da conserva para consolidar a posición de liderado de Galicia no mercado, sen perder a implicación social e laboral desa actividade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 598, do 10.02.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a desenvolver o plan estratéxico da conserva que permita consolidar a nosa posición de liderado no mercado, sen perder a implicación social e laboral desta actividade en Galicia”.
 
4.8 49225 (09/PNP-003595)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 7 máis
Sobre a posta en marcha pola Xunta de Galicia, no ano 2016, dun plan  galego de atención ao ictus
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que, neste exercicio 2016, poña en marcha un Plan Galego de Atención ao Ictus, dotado do orzamento necesario, que homoxeneice a atención nos casos dun accidente cerebrovascular (ACV) ofrecendo unha adecuada asistencia sanitaria coa máxima seguridade ás persoas que sofren un ictus, no menor tempo posible e de xeito equitativo para toda cidadanía galega para o cal se crearán as unidades de ictus que se precisen”.
 
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas