O presidente do Parlamento valora o avance rexistrado polo sistema sanitario galego nas últimas décadas

 
• Participou en Santiago na entrega dos II Premios á Sanidade de Galicia
 
• Atribúe os avances rexistrados á “elevada capacidade dos profesionais” e a unha “xestión acaída as necesidades de Galicia”, que asumiu o traspaso destas competencias hai 25 anos
 
Santiago, 25 de febreiro de 2015.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou esta tarde en Santiago, no acto de entrega dos II Premios á Sanidade de Galicia, convocados por Sanitaria 2000, o avance rexistrado polo sistema sanitario galego nas últimas décadas .
 
As claves deste avance débese, a xuízo de Santalices Vieira, á “elevada capacidade dos profesionais sanitarios” e a unha “xestión acaída ás necesidades de Galicia”, especialmente desde que se fixo efectivo o traspaso das competencias en materia de asistencia sanitaria á Comunidade Autónoma, asumidas pola Xunta hai 25 anos, o 2 de xaneiro de 1991.
 
O titular do lexislativo galego valorou o labor divulgativo desenvolvido polos medios de comunicación, como os que integran o grupo Sanitaria 2000, e felicitou aos galardoados ne edición deste ano.
 
Miguel Santalices concluíu a súa intervención lembrando a dous profesionais da medicina recentemente falecidos, os doutores Alfonso Castro Beiras e Miguel Blanco González, aos que trasladou a súa “lembranza, homenaxe e agradecemento”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicacion do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas