O xeneral xefe da Forza Loxística Operativa despídese do presidente do Parlamento

Santiago, 24 de febreiro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá ao xeneral xefe da Forza Loxística Operativa e representante institucional das Forzas Armadas en Galicia, Francisco Javier Abajo Merino, que acudiu á Cámara para despedirse oficialmente antes de deixar ese cargo.
 
O presidente do Parlamento galego trasladou ao xeneral Abajo Merino os seus mellores desexos para a nova etapa que comezará en breve. 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas