Os integrantes da Mesa do Parlamento efectúan unha visita institucional á sede do Valedor do Pobo

· O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Veira, valora o traballo do Valedor, ao que pide e ofrece "toda a colaboración"

Santiago, 15 de febreiro de 2016.- Os integrantes da Mesa do Parlamento de Galicia  efectuaron este mediodía unha visita á sede do Valedor do Pobo, onde mantiveron unha reunión coa titular da institución, Milagros Otero Parga, e con todo o persoal.
 
No transcurso do encontro, o presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e os restantes integrantes da Mesa que participaron na visita, foron informados en detalle sobre o traballo cotiá que desenvolve o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns.
 
Santalices Vieira puxo en valor os diferentes informes que elabora o Valedor do Pobo e animou á institución a traballar, ademais, en materia de transparencia. O presidente do Parlamento pediu e ofreceu ao Valedor do Pobo "toda a colaboración posible" por parte do Lexislativo galego, e valorou o labor desenvolvido por esta institución. "Facedes un gran traballo", afirmou.
 
Participaron na visita o presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira; a vicepresidenta primeira, Marta Rodríguez Arias; a vicepresidenta segunda, María Soledad Soneira Tajes; e a vicesecretaria, María Concepción Burgo López.
 
  
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas