O Concello de Camariñas entrega unha mantelería de encaixe ao Parlamento de Galicia

Santiago, 11 de xaneiro de 2016.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu hoxe do alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, unha mantelería de encaixe elaborada por palilleiras deste municipio costeiro coruñés. Este traballo de encaixe quedará exposto na sede do lexislativo galego.
 
Ademais do rexedor de Camariñas, ao acto de entrega asistiron a tenente de alcalde, Sandra Insua; a presidenta da Asociación Rendas, Virtudes Rodríguez; así como a vicepresidenta segunda do Parlamento, María Soledad Soneira, natural daquel municipio.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas