Unha delegación parlamentaria do Uruguai visita a Cámara galega

· Foron recibidos pola presidenta do lexislativo galego, Pilar Rojo, que fixo votos polo fortalemento das relacións entre Galicia e Uruguai.

Santiago, 17 de setembro de 2015.- Unha delegación parlamentaria da República Oriental do Uruguai visitou hoxe o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo, e tiveron ocasión de coñecer as dependencias da institución.
 
A delegación está integrada pola parlamentaria Lilian Galán, e os parlamentarios Saul Aristimuño, Roberto Chiazzaro, Jaime Mario Trobo e Daniel Radío. Acudiron acompañados pola cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Marta Echarte Baraibar, e polo funcionario  do Parlamento de Uruguai, Pablo Sciarra.
 
Durante o encontro, a presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo,  recordou os históricos vínculos fraternais de Galicia con Uruguai e foxo votos polo fortalecemento desas relacións.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia e os integrantes da delegación uruguaia tamén intercambiaron impresións sobre o funcionamento das diferentes Cámaras lexislativas. A Asemblea Xeral de Uruguai está integrada por dúas Cámaras (Senado e Cámara de Representantes) e presidida polo vicepresidente da República, que tamén preside o Senado. O Senado está formado por 30 senadores e máis o vicepresidente (que o preside); mentres que da Cámara de Representantes forman parte 99 deputados.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas