Noela Blanco toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

Santiago, 26 de maio de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Noela Blanco Rodríguez como deputada do PSdeG-PSOE pola circunscrición electoral de Ourense. Substitúe a Manuel Vázquez Fernández.
 
Nacida en Ourense no ano 1981, Noela Blanco é licenciada en Ciencias Ambientais, Máster en Prevención de Riscos Laborais; estudos de Ciencias Políticas e da Administración Pública. Técnica de Prevención de Riscos Laborais en SOGAMA dende setembro de 2008. Secretaria provincial de medio ambiente do PSdeG de Ourense.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas