O Pleno do Parlamento garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente aéreo dos Alpes e dos mariñeiros de Laxe

 

Santiago, 24 de marzo de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou, ao inicio da sesión desta tarde, un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente aéreo rexistrado esta mañá nos Alpes e dos dous mariñeiros de Laxe que perderon a vida esta mesma xornada.
 
A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, trasladou ás familias dos falecidos unha mensaxe de apoio e solidariedade.
 

Imaxes relacionadas