Jesús Goldar Güimil toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia

 

Santiago, 10 de marzo de 2015  O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Jesús Goldar Güimil  como deputado do Partido Popular pola provincia de Pontevedra. Substitúe a Román Rodríguez González, que recentemente foi nomeado conselleiro de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
Jesús Goldar Güimil naceu en 1972. Está casado e ten un fillo. Cursou estudos de Dereito. Foi deputado autonómico na VIII Lexislatura. Concelleiro e portavoz municipal do Partido Popular en Caldas de Reis desde 1999.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas