Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de febreiro de 2015

 
4.2 32069 (09/PNP-002331)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Santalices Vieira, Miguel Ángel, e sete deputados/as máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa aprobación da oferta pública de emprego correspondente ao exercicio de 2015
 Publicación da iniciativa, BOPG nº 410, do 05.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que tome as medidas que considere necesarias para que a aprobación da OPE correspondente ao exercicio 2015, cunha taxa de reposición do 50 %, se leve a cabo no primeiro semestre do ano.»
 

4.8 33216 (09/PNP-002436)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa rede de saneamento e os sistemas de depuración dos concellos que verten á ría de Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG nº 414, do 11.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia acorda instar a Xunta de Galicia a afondar no estudo dos sistemas de saneamento e depuración da ría de Pontevedra, coa implicación dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa, co fin de que faciliten e acheguen toda a información e documentación necesarias para coñecer o estado actual da rede e, en función do resultado, determinar as  necesidades concretas de actuación en cada termo municipal afectado.»
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas