Pilar Rojo transmite as súas condolencias á familia de Ana Kiro

 
 

Santiago, 24 de setembro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, transmitiu esta tarde as súas condolencias á familia da artista María Dolores Casanova González, máis coñecida como Ana Kiro, falecida hoxe.
 
Na mensaxe enviada á familia da falecida, Rojo Noguera amósase convencida de que “Galicia enteira recordará sempre a Ana Kiro como a gran dama da canción popular galega”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación
 
 
 

 

Imaxes relacionadas