Declaración institucional sobre o recoñecemento do Estado de Palestina

 
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para:
 
1. Recoñecer Palestina como Estado, suxeito de Dereito internacional, reafirmando a convicción de que a única solución posible para o conflito é a coexistencia de dous Estados, Israel e Palestina. Este recoñecemento debe ser consecuencia dun proceso de negociación entre as partes que garanta a paz e a seguridade para ambas, o respecto aos dereitos dos cidadáns e a estabilidade rexional.
 
2. Promover de maneira coordinada no seo da Unión Europea o dito recoñecemento do Estado palestino como Estado soberano, no marco dunha solución definitiva e global ao proceso de paz en Oriente Próximo baseada na creación de dous Estados, o israelí e o palestino, coexistindo en paz, seguridade e prosperidade.
 
3. Buscar en calquera actuación neste senso unha acción coordinada en concerto coa comunidade internacional e en particular coa Unión Europea, tendo plenamente en conta as lexítimas preocupacións, intereses e aspiracións do Estado de Israel.
 
4. Facer valer a pertenza de España ao Consello de Seguridade para propiciar a dita solución xusta e duradeira.
 
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014

Imaxes relacionadas