O Consello de Contas entrega ao Parlamento a Memoria do ano 2013

Santiago, 3 de novembro de 2014.- O conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Xesús C. Palmou Lorenzo, entregou hoxe á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo Noguera, a memoria de actividades e os informes elaborados en execución do Plan de Traballo para 2013 e, parcialmente, do Plan de Traballo para 2014.

 

Os exercicios obxecto dos informes son, fundamentalmente, os 2011 e 2012, aínda que tamén se aportan informes referidos aos exercicios de 2009 e 2010.

 

Para máis información:

http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaNotasdePrensa/Consello%20de%20Contas%20memoria%202013%2003-11-2014.pdf


Imaxes relacionadas