O embaixador de Xapón en España visita o Parlamento de Galicia

Santiago, 23 de outubro de 2014.- O embaixador de Xapón en España,  Kazuhiko Koshidawa, visitou hoxe o Parlamento de Galicia, onde foi recibido pola titular da institución, Pilar Rojo.

 

Durante o encontro, o diplomático nipón informou á presidenta do Parlamento de Galicia sobre o desenvolvemento do Ano Dual España-Xapón, orientado a intensificar as relacións bilaterais, que conmemora os 400 anos de intercambios entre os dous países; e sobre as relación económicas.

 

Pilar Rojo explicou ao diplomático nipón que a Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE) mantén relacións coa Alianza de Conselleiros Locais Xaponeses. De feito, esta organización nipona está convidada a participar na vindeira Asemblea Xeral da CALRE, que se celebrará no Parlamento de Galicia os días 7 e 8 de novembro.


 


Imaxes relacionadas