O Parlamento de Galicia recibe a derradeira peza da vidreira de Díaz Pardo instalada no Hemiciclo

 

• O conselleiro de Cultura e Educación entregou á presidenta do Parlamento o fragmento coa sinatura de Díaz Pardo

 

• O elemento artístico foi custodiado por un colaborador do artista

 

Santiago, 30 de setembro de 2014.- O Parlamento de Galicia recibiu hoxe a derradeira peza da vidreira de Isaac Díaz Pardo que está instalada no Hemiciclo da Cámara desde decembro de 2007.

 

Trátase dunha peza de vidro, coa sinatura do artista, que estivo custodiada, desde o momento da súa elaboración, por un colaborador do intelectual galeguista, Guillermo Escrigas, que agora decidiu entregala ao Parlamento.

 

O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, fixo entrega da peza á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, nun acto celebrado este mediodía na sede da Cámara.

 

A peza, un vidro de formato irregular de 60 cm de longo, inclúe a sinatura do autor da vidreira, así como  unha referencia ao lugar e data de realización do traballo (S.M 07), é dicir, San Marcos, 2007.

 

 


Imaxes relacionadas