Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 24 de setembro de 2014


 
4.1 6054 (09/PNP-000450)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro, e Piñeiro Martínez, María Soledad
Sobre a priorización do tramo Carballo-Baio na construción da autovía da Costa da Morte para a súa posta en servizo antes do remate da IX lexislatura
Publicación da iniciativa, BOPG nº 89, do 18.04.2013

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia, en relación coa construción da Autovía da Costa da Morte, a priorizar e poñer en funcionamento o treito comprendido entre Carballo e Baio co fin de que entre en servizo antes do remate da presente lexislatura».


 
 
4.7 26500 (09/PNP-001926)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis, e Quintas Álvarez, María Remedios
Sobre o cumprimento polo Goberno galego das previsións da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG nº 339, do 11.09.2014

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego ao cumprimento inmediato das previsións da Lei 9/2011»”.


 
4.8 26536 (09/PNP-001933)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta, e sete deputados/as máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun plan estratéxico de acción voluntaria para o período 2015-2020 e os aspectos que debe recoller
Publicación da iniciativa, BOPG nº 339, do 11.09.2014

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento galego a Xunta de Galicia a:

 

1. Avaliar o cumprimento dos obxectivos do III Plan galego de acción voluntaria.

 

2.  Elaborar o plan estratéxico de acción voluntaria para o período 2015-2020.

 

3. Que a dita planificación se faga en consenso con todos os axentes do sector.

 

4. Que o plan saiba recoller e achegar solucións a todas as demandas que presenta o voluntariado na actualidade, sen suplantar as accións que deban levar a cabo as distintas administración públicas».


 


Imaxes relacionadas