Pilar Rojo recibe ao presidente do Consello Consultivo de Galicia

 

• Desexa un mandato exitoso a José Luis Costa Pillado

 

 

Santiago, 11 de setembro de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu hoxe ao presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado, que efectuou unha visita institucional á Cámara autonómica logo do seu nomeamento como titular deste órgano consultivo.

 

Durante a entrevista, a presidenta do Parlamento desexou a Costa Pillado un mandato exitoso.

 

A lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia fixa un sistema mixto de elección dos membros deste órgano. Así, tres dos cinco membros electivos do Consello Consultivo de Galicia son nomeados por proposta do Parlamento de Galicia.


 


Imaxes relacionadas