A presidenta do Parlamento recibiu ao xefe superior de Policía de Galicia


Santiago, 18 de xullo de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara ao xefe superior de Policía de Galicia, Eusebio Fraguas Sánchez, no marco das visitas de presentación que o novo responsable policial está a efectuar ás primeiras autoridades da Comunidade.
 
Durante o encontro, Pilar Rojo desexou a Eusebio Fraguas unha xestión exitosa das competencias que ten encomendadas.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas