Jacobo Moreira e Ramón Santos tomaron posesión como deputados do Parlamento de Galicia


 
Santiago, 14 de xullo de 2014.- Os novos deputados do PPdeG Jacobo Moreira Ferro e Ramón Santos Pérez tomaron posesión este mediodía no Parlamento de Galicia, en substitución de Agustín Hernández e Dolores Faraldo, respectivamente.
 
Jacobo Moreira Ferro (1973) é licenciado en Dereito e avogado. Presidente do PP de Pontevedra. Portavoz do grupo municipal do PP no Concello de Pontevedra do que é  concelleiro dende maio do 2007. Membro do Comité Executivo Provincial do PP de  Pontevedra, do Comité de Dirección e Executivo e da  Xunta Directiva rexional do PPdeG. Foi deputado na VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia. É deputado pola circunscrición electoral de Pontevedra.
 
Ramón Santos Pérez (1986) é técnico superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos polo Instituto Politécnico de Santiago. Presidente de Novas Xeracións de A Coruña dende o 2012, anteriormente foi presidente de NNXX de Noia e Lousame. Deputado da circunscrición electoral da Coruña.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas