Pilar Rojo participou no Día de Galicia en Madrid


 
 
Santiago, 10 de xullo de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, participou este xoves na celebración do Día de Galicia, organizado pola Casa de Galicia en Madrid.
 
Neste acto, a titular do lexislativo galego recibiu, de mans de S.A.R. Dª Elena de Borbón, Duquesa de Lugo, un dos diplomas cos que os organizadores distinguiron a diferentes personalidades que teñen destacado na defensa dos intereses de Galicia.
 
O acto contou coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas