Rojo Noguera agarda que as forzas de seguridade deteñan aos autores da explosión na sede do PSOE da Estrada e que “se aplique todo o peso da lei”

 
A presidenta do Parlamento de Galicia trasladou a súa solidariedade ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez
 

Santiago, 16 de setembro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, agarda e desexa que o traballo das forzas e corpos de seguridade permita identificar e deter canto antes ao autor ou autores da explosión rexistrada a pasada madrugada na sede do PSdeG-PSOE da Estrada e que “se aplique sobre eles todo o peso da lei”.
 
Rojo Noguera trasladou a súa solidariedade ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, no transcurso dunha conversa telefónica, na que tamén lle reiterou a súa repulsa fronte a calquera tipo de acto violento.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas