Pilar Rojo agradece o “papel decisivo” do Rei Don Juan Carlos I


 
• A presidenta do Parlamento de Galicia agarda que se apliquen os preceptos constitucionais con normalidade democrática
 
Santiago, 2 de xuño de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, amosou hoxe o seu “agradecemento” ao Rei Don Juan Carlos I “por todos estes anos nos que a Monarquía xogou un papel decisivo no que foi non só o paso dunha ditadura a unha democracia, senón todos estes anos de crecemento, de prosperidade, de tranquilidade e de paz”.  E destacou tamén o impulso do monarca á implantación e desenvolvemento do Estado das Autonomías recollido na Constitución.
 
Pilar Rojo, que confesou ter escoitado con “sorpresa” o anuncio da abdicación do monarca, agarda que agora se apliquen os preceptos constitucionais con normalidade democrática para proceder ao relevo na Xefatura do Estado.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia tamén lle desexa ao Príncipe de Asturias, un reinado produtivo e bo para todos os
españois.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas