Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 28 de maio de 2014

6.1 15925 (09/PNP-001121)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro, e dous deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa execución das obras e a posta en servizo da Terceira Ronda da Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG nº 209, do 05.12.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 «O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Impulsar as obras dos treitos autonómicos da Terceira Ronda no transcurso da presente lexislatura coa finalidade de que poida estar en servizo no primeiro semestre do ano 2015.
 
2.  Dirixirse ao Ministerio de Fomento co fin de que se comprometa a pór en servizo o treito comprendido entre Lonzas e A Zapateira, da Terceira Ronda, no mesmo período que a Xunta de Galicia».
 

6.3 19493 (09/PNP-001373)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro, e sete deputados/as máis
Sobre a aprobación pola Xunta de Galicia, logo do consenso co sector, dunha regulación para as vivendas de alugueiro de tempada de curta duración, co fin de que poidan competir co sector do aloxamento en igualdade de condicións
Publicación da iniciativa, BOPG nº 245, do 26.02.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a tramitar e  aprobar, logo de consenso co sector, unha regulación para as  vivendas de alugueiro de tempada de curta duración, para que poidan competir co sector de aloxamento en igualdade de condicións».

 
6.8 23007 (09/PNP-001627)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a reapertura do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a posta en valor dos seus fondos e do propio edificio
Publicación da iniciativa, BOPG nº 290, do 14.05.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
 
• A continuar levando a cabo as xestións oportunas diante do Goberno central para que a reapertura do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense sexa unha realidade no prazo máis breve posible, logo de levar 14 anos pechado e dada a importancia deste proxexto para Galicia e, nomeadamente, para a cidade de Ourense.
 
• A instar o resto das institucións implicadas a que colaboren nas actividades desenvolvidas polo Museo».
 

Imaxes relacionadas