Pilar Rojo expresa a súa condolencia polo asesinato de Ponteceso

 
Nun telegrama dirixido ao alcalde, a presidenta do Parlamento de Galicia traslada a súa solidariedade a familiares e amigos da vítima
 

Santiago, 16 de setembro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, enviou esta mañá un telegrama ao alcalde de Ponteceso no que lle traslada a súa condolencia polo “luctuoso episodio de violencia de xénero” rexistrado onte nesa localidade e roga ao rexedor que traslase a súa solidariedade e consolo aos amigos e familiares da muller asesinada.
 
A xuízo de Rojo Noguera, sucesos como o de onte “obrígannos, ao conxunto da sociedade, a manter unha actitude de alerta permanente e denunciar calquera indicio que faga sospeitar a existencia de casos de violencia doméstica”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas