O Parlamento de Galicia acolle esta semana as VII Xornadas da Asociación de Interventores de Parlamentos

Serán inauguradas pola presidenta do Parlamento o próximo xoves, 22 de maio, e contarán coas asistencia de interventores dos parlamentos autonómicos e das Cortes Xerais
<p class='clearfix'></p>

• Serán inauguradas pola presidenta do Parlamento o próximo xoves, 22 de maio, e contarán coas asistencia de interventores dos parlamentos autonómicos e das Cortes Xerais

 


Santiago, 20 de maio de 2014.- O Parlamento de Galicia acollerá os vindeiros días 22 e 23 de maio a celebración das  VII Xornadas  da Asociación Española de Interventores de Parlamentos, que contarán coa participación de representantes das cámaras lexislativas autonómicas e das Cortes Xerais.

 

As Xornadas serán inauguradas o vindeiro xoves, 22 de maio, pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo. Ese mesmo día están previstas dúas conferencias. A primeira versará sobre “A autonomía financeira dos Parlamentos Autonómicos” e será pronunciada por Antonio López Díaz, catedrático de Dereito Financeiro da Universidade de Santiago de Compostela. A segunda analizará “A aplicación da Lei de Transparencia aos Parlamentos Autonómicos” e será impartida pola interventora das Cortes de Aragón, Dolores Llop Rivalta.

 

Ademais dos relatorios, a xornada permitirá o intercambio de experiencias entre os interventores das diferentes cámaras lexislativas autonómicas, do Congreso dos Deputados e do Senado. O director da Intervención Xeral e Asuntos Económicos do  Parlamento de Galicia, José María Ameijenda, coordina esta actividade.


Imaxes relacionadas