Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de maio de 2014

 

5.3 21530 (09/PNP-001481)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta, e sete deputados/as máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da elaboración dunha estratexia española polo cambio demográfico
Publicación da iniciativa, BOPG nº 269, do 09.04.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar do Goberno estatal a elaboración dunha Estratexia española polo cambio demográfico, na que se articule unha resposta conxunta aos desafíos presentes e futuros, con participación de todas as administracións públicas e con previsión da súa continuidade no ámbito da Unión Europea.»
 
 
5.6 22037 (09/PNP-001513)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel, e sete deputados máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a retirada e derrogación do denominado ‘principio de estabilidade relativa’ na repartición das posibilidades de pesca previsto na Política Pesqueira Común
Publicación iniciativa vía urxencia, BOPG nº 273, do 15.04.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Elaborar un ditame xurídico que reflicta os argumentos necesarios para defender a retirada e derrogación do mal chamado ‘principio de estabilidade relativa’, tendo en conta a súa incidencia negativa no conxunto da frota pesqueira galega.
 
2. Dirixirse ao Goberno de España para que denuncie ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea este mal chamado ‘principio de estabilidade relativa’ coa finalidade de acadar a súa eliminación no ámbito da repartición das posibilidades de pesca previsto na Política Pesqueira Común.» 
 

 

Imaxes relacionadas