Declaración institucional do Parlamento de Galicia


 

Co gallo do aniversario do comezo do éxodo do pobo palestino, o próximo 15 de maio, o Parlamento de Galicia reclama da comunidade internacional que esixa a Israel:

 

O cumprimento das resolución das Nacións Unidas.

 

O respecto absoluto dos dereitos humanos de palestinas e palestinos.

 

O respecto absoluto dos dereitos colectivos do pobo palestino.

 

O recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas de que foron expulsadas.

 

Manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienábeis da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana.

 

O Parlamento de Galicia non escatimará esforzos en contribuír desde Galicia a construír unha orde internacional xusta baixo o respaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forza fique sempre sometida ao dereito.

 
 

Imaxes relacionadas