O Pleno do Parlamento garda un minuto de silencio en memoria da última vítima da violencia de xénero

Santiago, 26 de febreiro de 2014.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou esta mañá, antes do inicio da sesión, un minuto de silencio en memoria de María Luisa Jiménez Jiménez, que perdeu a vida nun caso de violencia de xénero.

A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, reiterou o rexeitamento do Parlamento de Galicia á violencia de xénero, facéndose eco do “sentir unánime de todas as galegas e galegos”.


Imaxes relacionadas