Deputados rexionais indonesios visitan o Parlamento de Galicia para interesarse polo procedemento lexislativo galego

Entrevistáronse coa presidenta do Parlamento e co letrado oficial maior da Cámara no marco dunha visita xestionada polo Ministerio de Asuntos Exteriores
<p class='clearfix'></p>
Santiago, 14 de febreiro de 2014.- Un grupo de integrantes do Comité elaborador de leis do Consello de Representantes Rexionais (PPUU DPD) da República de Indonesia, acompañados por diplomáticos da Embaixada de Indonesia en España, entrevistáronse hoxe coa presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, no marco dunha visita orientada a coñecer experiencias de técnica lexislativa que podan servir de referencia para o seu país.
A entrevista, xestionada polo Ministerio de Asuntos Exteriores, incluíu unha visita guiada ao Parlamento de Galicia a unha reunión co letrado oficial maior da Cámara galega.
Tanto na reunión coa presidenta do Parlamento, como co responsable dos servizos xurídicos da institución, abordáronse aspectos relacionados co proceso de producción normativa, aspecto no que a delegación indonesia busca ampliar coñecementos durante a súa visita a España.

Imaxes relacionadas