A presidenta do Parlamento recibe a unha delegación da Alianza Libre Europea

Santiago, 13 de febreiro de 2014.-  A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara autonómica a unha delegación da Alianza Libre Europea. Acudiron acompañados pola deputada do BNG Carmen Adán, os deputados Cosme Pombo e Daniel Rodas a a ex eurodeputada Ana Miranda.

Pilar Rojo, que durante o ano 2014 preside a  Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), defendeu a vixencia dos parlamentos autonómicos e avogou por un maior protagonismo e visibilidade destas institucións en Europa.


Imaxes relacionadas