Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de febreiro de 2014


12227 (09/PNP-000897)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre a elaboración, impulso e execución pola Xunta de Galicia dun plan para a promoción no exterior dos produtos galegos de calidade.
Publicación da iniciativa, BOPG nº 166, do 25.09.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar, impulsar e executar un plan para que, en colaboración coas comunidades galegas no exterior, potencie e faga posible a promoción dos produtos galegos de calidade».
 
 

18277 (09/PNP-001319)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa redacción que presenta o Proxecto de lei de racionalización do sector público estatal no referido á licenza deportiva única
Publicación da iniciativa, BOPG nº 230, do 04.02.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. No ámbito deportivo, colaborar coa Administración xeral do Estado para adoptar medidas que veñan a simplificar os procedementos administrativos e a evitar indesexables duplicidades para os cidadáns.
 
2. Realizar as accións oportunas para que estas medidas sexan respectuosas coa competencia exclusiva da Comunidade Autónoma no ámbito deportivo».

Imaxes relacionadas