O valedor do pobo entrega á presidenta do Parlamento o informe extraordinario sobre discapacidade intelectual


Santiago, 3 de febreiro de 2014.- O valedor do pobo, José Julio Fernández, entregou esta mañá á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, o informe extraordinario “Os dereitos das persoas con discapacidade intelectual en Galicia”,  elaborado polo alto comisionado da Cámara galega.
 
Logo de ser rexistrado, o informe deberá ser cualificado pola Mesa do Parlamento de Galicia para, de seguido, ser obxecto dunha comparecencia do Valedor do Pobo na Comisión de Peticións da Cámara autonómica.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas