Reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento de Galicia

 
 
Santiago. 7 de setembro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, presidiu este mediodía a reunión da Xunta de Portavoces da Cámara na que, entre outros asuntos, se aprobou o calendario de comisións previsto para este mes de setembro, a proposta de datas de celebración dos Plenos deste período de sesións, así como a orde do día do próximo Pleno, a celebrar os vindeiros días 14 e 15.

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas