Lingüistas do Parlamento, Xunta e Administración de Xustiza participaron nun seminario de gramática orientado a unificar criterios de corrección e edición de textos normativos


Santiago, 11 de decembro de 2013.- Un grupo de 25 profesionais dos servizos lingüísticos do Parlamento de Galicia, da Vicepresidencia da Xunta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Administración de Xustiza participaron desde o pasado luns ata hoxe nun seminario de gramática organizado e celebrado nas dependencias da Cámara galega.
 
O seminario, coordinado polo xefe do Servizo de Publicacións do Parlamento, contou con tres sesións formativas e cada unha delas foi impartida por un integrante da Sección de Gramática da Real Academia Galega: Rosario Álvarez, Xosé Xove e Francisco Cidrás.
 
O obxectivo do seminario é unificar criterios de corrección e edición de textos normativos e a súa celebración enmárcase nun protocolo de colaboración asinado pola Xunta, o Parlamento e a Real Academia Galega. A idea é que seminarios deste tipo se sigan celebrando no futuro cun formato similar.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do  Parlamento de Galicia.

 

Imaxes relacionadas