Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de decembro de 2013


 
4.1 5402 (09/PNP-000405)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a posta en servizo das liñas de alta velocidade do eixe atlántico A Coruña-Vigo e Madrid-Galicia nos anos 2014 e 2018, respectivamente
Publicación da iniciativa, BOPG nº 77, do 27.03.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para adoptar todas as medidas que sexan necesarias para que a LAV do Eixo Atlántico Coruña-Vigo entre en servizo no ano 2014 e a LAV Madrid-Galicia no ano 2018».
 
4.2 10422 (09/PNP-000791)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre a mellora da accesibilidade do cidadán á información da propia historia clínica
Publicación da iniciativa, BOPG nº 146, do 02.08.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a ampliar de forma progresiva o acceso á historia clínica IANUS desde os centros de maiores da nosa comunidade autónoma». 
 
4.5 14649 (09/PNP-001023)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e Rodas Chapela, Daniel
Sobre a realización polo Goberno galego das actuacións necesarias para garantir o mantemento da actividade e do emprego da planta Elaborados Freiremar Vigo, S.A.
Publicación da iniciativa, BOPG nº 195, do 13.11.2013
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento galego insta o Goberno a realizar as accións necesarias encamiñadas a garantir o mantemento da planta de elaboración de Freiremar, así como o emprego correspondente, na cidade de Vigo».
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do  Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas