A presidenta do Parlamento recibe a unha delegación da Cámara municipal de Río de Janeiro

Santiago, 19 de setembro de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu este mediodía a unha delegación da Cámara Municipal de Río de Janeiro e ao alcalde de Santa Comba.
 
Asistiron á reunión o concelleiro de Turismo da Cámara Municipal de Río de Janeiro, Elton J. Babú; un asesor do presidente da Comisión de Turismo de Río, Reginaldo Freitas; e o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo.
 
A visita ao Parlamento de Galicia enmárcase nos actos programados para a renovación do irmanamento entre Santa Comba e Río de Janeiro.
 
Durante a xuntanza, Pilar Rojo interesouse pola situación da colonia galega afincada en Río de Janeiro e pola estratexia de promoción turística que desenvolve a cidade carioca.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas