Parlamento, Xunta e Concello organizan mañá en Santiago unha homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario

• O acto, que se celebrará no antigo cemiterio de Bonaval, contará con interpretacións musicais e a intervención de representantes das familias, dos veciños e dos servidores públicos
 
Santiago, 30 de xullo de 2013.- O antigo cemiterio do Parque de Bonaval, en Santiago de Compostela, acollerá mañá mércores, ás 19,00 horas, un acto de homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario, organizado polo Parlamento de Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
 
Durante o acto, ao que poden asistir todas as persoas que o desexen, serán interpretadas diferentes pezas musicais e intervirán representantes das familias, dos veciños de Angrois e dos servidores públicos que participaron na atención ás vítimas.

Homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de
Santiago de Compostela
 
Lugar: Antigo cemiterio - Parque de Bonaval  Santiago de Compostela.
Data e hora:  Mércores 31 de xullo de 2013, 19,00 h.

 

Imaxes relacionadas