O Parlamento de Galicia manifesta o seu pesar polas vítimas do accidente de Santiago e traslada a súa solidariedade a todos os afectados

Santiago, 24 de xullo de 2013.- O Parlamento de Galicia manifesta o seu pesar ás familias das vítimas do accidente ferroviario rexistrado en Santiago de Compostela e expresa o seu apoio e solidariedade a todos os afectados.

 

A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, está a seguir puntualmente toda a información relacionada con este suceso e traslada a súa solidariedade e afecto ás familias dos falecidos e a todas as persoas que se viron  afectadas po este sinistro.

 

A presidenta do Parlamento desprazouse a Santiago esta noite.

 


Imaxes relacionadas