O Parlamento de Galicia lamenta o falecemento de Anxo Guerreiro, deputado na 1ª e a 5ª lexislaturas


• A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, destaca a brillante oratoria de Guerreiro e a súa participación nos acordos parlamentarios
 
Santiago, 18 de xullo de 2013.- O Parlamento de Galicia lamenta o falecemento do exdeputado Anxo Guerreiro Carreiras, que formou parte da Cámara durante a 1ª (1981-1985) e a 5ª (1997-2001) lexislaturas.
 
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, considera que do paso de Anxo Guerreiro pola Cámara galega sobresaen a súa brillante oratoria, a coherencia e a súa participación activa nos grades acordos parlamentarios do seu tempo.
 
“O recordo de Anxo Guerreiro perdurará na memoria de todos os galegos”, agrega Rojo Noguera.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas