Pilar Rojo recibe ao presidente do Tribunal de Contas de Portugal


Santiago, 17 de xullo de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ao presidente do Tribunal de Contas de Portugal, Guilherme D´Oliveira Martins.
 
A reunión celebrouse ao remate da comparecencia do presidente do Tribunal de Contas luso na Comisión de estudo para elaboración dun plan de medidas de prevención e erradicación da corrupción política, que esta mañá se reuniu no Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas